Diego Calvo asiste á entrega dos premios HQR! en recoñecemento ao deporte pontevedrés
2023-12-21
/documents/35297/43480/20231221PremiosHQR1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 21 de decembro de 2023
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiu á quinta edición da entrega dos Premios HQR! impulsados polo Diario de Pontevedra en recoñecemento ao deporte da área pontevedresa. Diego Calvo fixo entrega do galardón ao mellor proxecto de base, que recaeu no Club Amigos do baloncesto (CAB) e foi recollido polo seu presidente, Manuel Collazo.
Data de actualización: 21/12/2023