A Xunta reforza a colaboración e coordinación con asociacións gandeiras e cooperativas a prol da sanidade animal

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá en San Caetano unha reunión con representantes de asociacións gandeiras e cooperativas da nosa comunidade. O encontro -que dá continuidade ao mantido onte entre responsables da Dirección Xeral e representantes das asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG)- serviu para reforzar a colaboración e coordinación con estas entidades en materia de sanidade animal.  

Nesta liña, o director xeral trasladou as diferentes xestións desenvolvidas pola Xunta para facer fronte a enfermidades emerxentes como a lingua azul ou a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). No caso concreto da EHE, Balseiros explicou que nos últimos días intensificáronse as xestións co Ministerio de Agricultura para que lidere e coordine un plan nacional sobre esta materia, e lembrou a necesidade de avanzar na loita pola homologación da vacina desta doenza en Europa, unha competencia que corresponde tamén ao Goberno central.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/12/2023