A Xunta ilumina 10 edificios emblemáticos da provincia de Ourense ao longo do Camiño de Santiago

O delegado territorial participou este serán no acto simbólico de acendido da igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia dentro da iniciativa ‘Acende o Camiño de Santiago’

Iluminaranse 50 inmobles no Nadal, como os outros anos de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo e a frecha amarela do 21 de Decembro de 2023 ata o 8 de Xaneiro de 2024

A iniciativa enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico

Ourense, 21 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia no acto simbólico de acendido de monumentos ao longo do Camiño de Santiago, ‘Acende o Camiño de Santiago’. Nesta ocasión iluminaranse medio cento de monumentos, edificios públicos e relixiosos das dez rutas xacobeas nas catro provincias entre o 21 de Decembro de 2023 e ata o 8 de Xaneiro de 2024.

Trátase de darlle continuidade á iniciativa #acendeoxacobeo de iluminar secuencialmente durante tres noites os monumentos do Camiño de Santiago realizada ao rematar o ano 2020, que se reeditou nos anos 2021 e 2022.

Seguindo as diferentes rutas dos Camiños de Santiago en Galicia, iluminaranse 50 inmobles no Nadal, como os outros anos de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo e a frecha amarela do 21 de Decembro de 2023 ata o 8 de Xaneiro de 2024.

Na provincia de Ourense os monumentos a iluminar serán o concello do Barco de Valdeorras (Camiño de Inverno), a Igrexa de San Martiño de A Gudiña (Vía da Prata), o Parador Castelo de Monterrei (Vía da Prata), a Catedral de Ourense (Vía da Prata), as Burgas (Vía da Prata), a Igrexa de Santo Estevo da Rúa (Camiño de Inverno), a Igrexa da Nosa Señora de Fátima da Rúa (Camiño de Inverno), a Torre do Reloxo en San Cristovo de Cea (Vía da Prata), a igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia (Vía da Prata) e a colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía (Vía da Prata).

‘Acende o Camiño de Santiago’

A iniciativa ‘Acende o Camiño de Santiago’ enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.

 

Inclúense os beléns de Valga e de Begonte, ambos de interese turístico, xunto a outros situados en distintos lugares de Galicia, así como mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades. Outras opcións de lecer familiar así como grandes espectáculos como OVO do Circo do Sol que conta co apoio económico da Xunta de Galicia e que se celebrará do 3 ao 7 de xaneiro en Santiago, así como visitas especiais a recursos como o Pazo de Lourizán, son outras das propostas que están recollidas nunha guía que se pode consultar na web de Turismo de Galicia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/12/2023