A Delegación Territorial da Xunta celebra a súa última comisión territorial de coordinación do ano

Ferrol, 21 de decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a última Comisión Territorial de Coordinación do ano á que asistiron os xefes territoriais das distintas consellerías. Durante o encontro, fixeron balance das actuacións da Administración autonómica na área no 2023 e fixaron as prioridades de cara ao próximo exercicio.

A delegada territorial aproveitou a ocasión para trasladarlles os seus mellores desexos de cara ao 2024 e desexarlles unhas felices festas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/12/2023