A delegada da Xunta visita o tradicional belén elaborado polo persoal e usuarios de San Rafael de Vigo

Ana Ortiz fixo un percorrido polo mercado e o belén que dende hai máis de 70 anos organiza a institución Hogar e Clínica San Rafael

Vigo, 21 de decembro de 2023

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, visitaron o tradicional belén que dende hai máis de 70 anos elaboran o persoal e os usuarios do Hogar e Clínica San Rafael de Vigo. 

Durante o percorrido polas instalacións os representantes autonómicos puideron felicitar aos usuarios desta entidade pola súa participación nesta actividade do Nadal. Ademais, tamén coñeceron o mercado con productos realizados nos talleres do centro polos mesmos usuarios.

O belén, que permenecerá aberto ao público ata o vindeiro 6 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, ocupa unha superficie de 40 metros cadrados e conta con máis de 100 figuras que representan as esceas típicas do Nadal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/12/2023