A Xunta e o Concello de Muíños afondan na colaboración en materia de prevención de incendios forestais

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e o tenente de alcalde desta localidade ourensá, Israel León, para tratar temas en material forestal, especialmente relacionada coa prevención de incendios forestais.

Nesta liña, o rexedor plantexou seguir reforzando a colaboración entre institucións para tarefas de xestión de biomasa e de prevención dos incendios forestais. Ademais, tamén se abordaron os avances da nova base de unidade operativa de Muíños para a loita contra os lumes, na que se investirán arredor de 400.000 euros para a construción dun edificio de planta baixa cunha superficie de 223 metros cadrados, que estará rematada no primeiro trimestre do 2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2023