O Sergas constitúe 37 tribunais de procesos selectivos de persoal facultativo

Os exames destes procesos, convocados polo sistema de concurso-oposición, desenvolveranse no mes de marzo 2024

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

A Consellería de Sanidade acolleu esta mañá a derradeira xornada conxunta de constitución dos tribunais dun total de 37 procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde.

A subdirectora xeral de Selección de Persoal da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, María José Montero Furelos, agradeceu o traballo que realizarán as persoas que integran os distintos tribunais cualificadores que se constituíron nos últimos tres días e que foron nomeados por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado venres día 15. A continuación, comezou a exposición do desenvolvemento dos exercicios e as medidas de seguridade da plataforma de introdución das preguntas por parte dos distintos membros do tribunal e a posterior impresión dos exames.

Os tribunais, compostos cada un deles por cinco persoas, xulgarán os procesos selectivos para o ingreso no Sergas ás categorías de facultativo especialista de área en diversas especialidades hospitalarias (anestesia, cirurxía, pediatría, traumatoloxía...), médico asistencial 061, médico coordinador 061 e médico de admisión e documentación clínica.

Os exames destes procesos convocados polo sistema de concurso-oposición desenvolveranse no mes de marzo de 2024.

Data de actualización: 20/12/2023