Trenor anuncia unha nova obra de case 1 M€ no CEIP Mar de fóra de Fisterra que eleva o investimento comprometido pola Xunta na comarca de Bergantiños- Costa da morte a 4,7 M€

O investimento previsto neste centro é de case un millón de euros para levar a cabo obras de ampliación para contar cun ximnasio e outras melloras no edificio principal

Trenor destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, con centros con maior confort térmico e máis accesibles
 

Fisterra (A Coruña), 20 de decembro de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no CEIP Mar de Fóra de Fisterra de case un millón de euros, o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a máis de 4,7M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.

A finalidade do novo proxecto é, por unha banda, levar a cabo unha ampliación para contar cun espazo destinado a ximnasio. Para iso, proxéctase unha edificación en planta baixa, exenta do edificio principal, conectada ao edificio principal mediante unha pasarela cuberta que se conectará co soportal. A nova edificación dispoñerá dunha volumetría comedida e duns materiais acordes coa contorna. Neste sentido, a cuberta integrarase coas cubertas actuais do centro e da contorna construída, en tella vermella, mediante un panel sándwich.

A actuación tamén contempla no edificio principal a reforma dos vestiarios situados na planta baixa. Para iso, sumarase á superficie dos vestiarios existentes o espazo ocupado polo almacén e o AMPA, practicamente en desuso.

Ademais, levarase a cabo a substitución das carpinterías exteriores, a substitución da cuberta de policarbonato dos soportais, a construción dunha rampla accesible que conecte os dous niveis da parcela e a substitución do peche de parcela que dá á rúa Alcalde Fernández. O prazo de execución das obras é de nove meses.

Trenor sinalou que, con esta nova ampliación, o seu departamento está a atender as necesidades educativas deste concello, e dando unha solución ao incremento de demanda rexistrada nos últimos anos neste centro escolar.

O representante do Goberno galego destacou que todas estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros, e teñen como obxectivo mellorar o día a día dos membros da comunidade educativa, acadando centros con maior confort térmico e máis accesibles, entre outros beneficios.

“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, recalcou o delegado.

Obras centros educativos Bergantiños-Costa Morte

Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 4,7 millóns de euros en 31 actuacións que inclúen 13 grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe, Ponteceso e Fisterra, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

GRANDES OBRAS
 
CONCELLO
CENTRO
TIPO DE OBRA
IMPORTE
CABANA DE BERGANTIÑOS
CPI AS REVOLTAS

MELLORAS SECTORIAIS. CUBERTAS METÁLICAS, ILLAMENTO EN PARTE DAS FACHADAS E PARTE DAS FIESTRAS

677.210,56 €
CAMARIÑAS
CEIP O AREAL
INSTALACIÓN DE ASCENSOR
71.383,04 €
CARBALLO
IES ALFREDO BRAÑAS
MELLORAS SECTORIAIS. REFORMA DE SALÓN DE ACTOS
276.192,54 €
CARBALLO
CEIP DE NÉTOMA-RAZO
MELLORAS SECTORIAIS. CAMBIO DE CUBERTA
197.320,20 €
CARBALLO
IES MONTE NEME
BIOMASA
412.111,21 €
CEE
CEIP PLURILINGÜE EUGENIO LÓPEZ
MELLORAS SECTORIAIS. FIESTRAS E ILLAMENTO TÉRMICO
535.915,91 €
CORISTANCO
CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL
REHABILITACIÓN INTEGRAL
621.093,00 €
CORISTANCO
CEIP DE BORMOIO-AGUALADA
ASCENSOR
58.854,47 €

LARACHA, A         

           CEIP ALFREDO BRAÑAS   

MELLORAS SECTORIAIS. SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS E ILLAMENTO TÉRMICO

219.184,22 €
LAXE
CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA

MELLORAS SECTORIAIS . FIESTRAS DO EDIFICIO DE PRIMARIA,ILLAMENTO, CANLÓNS E BAIXANTES E OUTROS

420.219,69 €
PONTECESO
CEIP EDUARDO PONDAL

MELLORAS SECTORIAIS. ACONDICIONAMENTO ANTIGA PISCINA (FIESTRAS, FALSO TEITO, RECHEOS, INSTALACIÓNS, ETC)

108.974,85 €
PONTECESO
IES EDUARDO PONDAL
ASCENSOR
72.561,07 €
FISTERRA
CEIP MAR DE FORA
OBRAS DE AMPLIACIÓN E OUTRAS MELLORAS
905.849 €
13
   

4.576.869 €

 
 
OBRAS MENORES
 
CONCELLO

TIPO CENTRO

NOME CENTRO

INTERVENCIÓN
 IMPORTE 
CAMARIÑAS
CEIP
O AREAL
CAMBIO DE CALDERA DE CALEFACCIÓN

    10.656,47 €

CARBALLO
CEIP

DE GÁNDARA-SOFÁN

CAMBIO DE CARPINTERÍA DE VENTANAS (RESTO)

    30.000,00 €
CARBALLO
CEIP
FOGAR
REPARACIÓN DE GRIETA EN PARED AULA

     2.117,50 €

CEE
IES

FERNANDO BLANCO

REPARACIÓN DE ELEMENTOS DE BALCÓN PRINCIPAL Y CAMBIO DE BANDERAS

    13.160,69 €
CORCUBIÓN
CEIP
PRAIA DE QUENXE

RECOLOCACIÓN DE REMATE LATERAL DE CUBIERTA POR TEMPORAL

     2.214,30 €

CORISTANCO
CEIP
CANOSA-RUS

REPARACIÓN DE PÉRDIDA DE ACEITE DE TRANSFORMADOR

       853,05 €
CORISTANCO
CPI
ALCALDE XOSÉ PICHEL
REPARACIONES EN CUBRICIÓN DE PISTA

     9.159,70 €

CORISTANCO
CPI

ALCALDE XOSÉ PICHEL

REPARACION DE CAÍDA DE CASCOTES EN PISTA CUBIERTA Y ANCLAJE DE VIGUETAS

     9.503,82 €
FISTERRA
CEIP
MAR DE FÓRA
CAMBIO DE PUERTA PEATONAL DE ENTRADA

     2.976,60 €

FISTERRA
IES

FIN DO CAMIÑO

REVISIÓN DE REPARACIÓN DE CUBIERTA

     3.000,00 €
FISTERRA
IES
FIN DO CAMIÑO
REPARACIÓN DE CARPINTERÍA POR HUMEDADES

     7.255,16 €

LAXE
CPI

CABO DA AREA

CAMBIO DE REMATES DE CUBIERTA DE CASETÓN DE ASCENSOR

     1.694,00 €
PONTECESO
CEIP
AS FORCADAS
REPARACIÓN DE CUBIERTA POR TEMPORAL

     1.318,90 €

PONTECESO
IES

EDUARDO PONDAL

REPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN (LICENCIA)

     1.410,84 €
PONTECESO
IES
EDUARDO PONDAL

REPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN

    48.368,54 €

PONTECESO
IES

EDUARDO PONDAL

REPARACIÓN DE CERRAMIENTO DE TESTERO DE PABELLÓN (CSS)

       762,95 €
ZAS
IES
MAXIMINO ROMERO DE LEMA

REPARACIÓN DE CUMBRERA EN LA CUBIERTA DEL PATIO DAÑADA POR TEMPORAL

       738,10 €

17
     
                         145.190,62 €
 
 
PLACA FOTOVOLTAICAS
 
CONCELLO
CENTRO
 IMPORTE
CARBALLO
IES MONTE NEME
 27.827,71 €
CEE

IES FERNANDO BLANCO

 28.056,91 €
2
 
 55.884,62 €
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2023