Rueda reúnese co CEO de Stellantis para analizar o futuro da compañía e os proxectos que teñen previstos para seguir consolidando Galicia como un referente

Avaliaron as oportunidades que supoñen os fondos europeos para este sector clave na comunidade

Vigo, 19 de decembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co CEO de Stellantis, Carlos Tavares para analizar o futuro da compañía e os proxectos que teñen previstos para seguir consolidando Galicia como un referente do sector da automoción.

 

Durante o encontro, avaliaron as oportunidades que supoñen os fondos europeos para un dos sectores claves da economía galega e que axudan a que Stellantis se consolide como unha das fábricas de vehículos máis importante de España.

 

Rueda trasladou o apoio da Xunta ás empresas que apostan por medrar e ampliar a súa produción desde a comunidade e que a súa vez contribúen á economía nacional e que serven como exemplo grazas aos seus bos resultados e iniciativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/12/2023