A Xunta inaugura en Santiago o novo centro de Agadea para a atención a persoas con alzhéimer

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou no acto oficial de apertura desta instalacións

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo hoxe en valor o feito de que Galicia sexa a única comunidade autónoma que ten ao servizo das familias unha rede pública de centros de día especializados na atención a persoas con alzhéimer. Díxoo na inauguración do novo centro de Agadea LAB na capital galega.

Nestas instalacións prestarase coidados a persoas que padecen demencias en estados iniciais e, ademais, desenvolveranse proxectos nos que se aplicarán as vantaxes das novas tecnoloxías no tratamento das enfermidades neurodexenerativas. Neste centro de Agadea tamén se levarán a cabo talleres para favorecer o envellecemento activo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/12/2023