A Xunta recoñece o papel pioneiro de Adelaida Arias como primeira profesora de autoescola que recibiu hoxe o galardón da Academia Transportes Amicar

O Barco de Valdeorras, 15 de decembro de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe na entrega do I Premio que concedeu a Academia de transportes Amicar a Adelaida Arias, a primeira muller que conseguiu por exame a titulación de profesora de autoescola.

No acto Vázquez puxo en valor a importancia deste galardón que recoñece no seu estreo o papel dunha muller pioneira e referente no eido da educación viaria, que se enfrontou aos estereotipos machistas e atopou a súa vocación nunha profesión fortemente masculinizada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023