Diego Calvo asiste ao partido benéfico de baloncesto entre a Selección Galega de Veteranos e Lendas do Real Madrid

A Coruña, 15 de decembro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe ao partido benéfico de baloncesto entre a Selección Galega de Veteranos e Lendas do Real Madrid celebrado no Palacio de Deportes de Riazor. O encontro, que contou co apoio da Xunta, foi promovido pola Fundación Diego González Rivas, dedicada a levar a cirurxía minimamente invasiva a países en vías de desenvolvemento e a familias con poucos recursos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023