A Xunta lembra que a rede de Casas do Maior ofrece máis de 600 prazas de atención diúrna totalmente gratuítas por toda Galicia

Ponteceso (A Coruña), 15 de decembro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta tarde os usuarios da casa do maior do Couto, no concello de Ponteceso. Durante a visita lembrou que a rede de casas do maior impulsada polo Goberno galego ofrece máis de 600 prazas de atención diúrna totalmente gratuítas por toda Galicia.

Neste sentido, concretou que esta iniciativa foi impulsada no ano 2018 para levar servizos de atención a maiores a concellos pouco poboados do rural galego. Desde este ano son xa 125 os centros que se puxeron en marcha por toda a xeografía galega nos que se ofrece atención durante oito horas ao día e se crea un ambiente de atención e compañía ás persoas maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023