A Xunta enxalza en Lalín a saúde e a calidade de vida que están detrás do consumo dos produtos do mar cos petiscos da campaña de ‘Galicia sabe amar’

 

Lalín (Pontevedra), 14 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR no concello pontevedrés de Lalín, onde puxo en valor a excelente calidade e propiedades culinarias dos produtos do mar das rías galegas e destacou a importancia de que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada cun efecto moi positivo na calidade de vida dos consumidores. O titular de Mar, acompañado polo alcalde do municipio, José Crespo, sinalou que esta campaña tamén é unha forma de apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco galego e volveu a criticar co Goberno central continúe negándose a rebaixar o IVE aos produtos do mar a pesar dos informes de diferentes organismos que destacan os efectos positivos que tería esta medida para o sector, promovendo o incremento do consumo e facilitando a xeración de novos postos de traballo.

Alfonso Villares valorou moi positivamente o impacto desta iniciativa que está a piques de rachar a barreira das 400.000 persoas participantes de preto de 400 concellos galegos e de parte de España que puideron gozar dalgúns dos petiscos deseñados especialmente para esta campaña co mellor sabor do mar de Galicia. O responsable autonómico tamén resaltou a importancia de destacar o traballo e bo facer dos homes e mulleres do mar, auténticos artífices de que cheguen estes alimentos nutritivos e saborosos nas mellores condicións aos nosos pratos.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 15/12/2023