Rivo destaca o papel pioneiro de Purificación Mayobre na integración da teoría feminista e a perspectiva de xénero na universidade galega

Ourense, 14 de decembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe no acto de homenaxe que a Universidade de Vigo brindou á profesora xubilada Purificación Mayobre, no que destacou as súas ensinanzas no terreo da filosofía e, en especial, o seu papel pioneiro ao ter introducido no eido académico a perspectiva de xénero.

A conselleira puxo en valor a colaboración que o seu departamento mantén coas tres universidades galegas, que se centra no desenvolvemento de accións de sensibilización contra a violencia de xénero e no estudo da conciliación e a corresponsabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2023