Lorenzana aposta por un futuro industrial, sustentable e innovador que xere beneficios directos para a comunidade

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, entregou o premio APD ao directivo do ano, que na súa segunda edición recoñece a Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe o premio APD ao directivo do ano, que na súa segunda edición recoñece a Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía. “Agradezo a Norvento e, especialmente a Pablo, o seu compromiso con Galicia e a capacidade de innovar e de xerar un proxecto con capacidade de anticiparse ao futuro”, subliñou.

Na súa intervención, Lorenzana destacou a aposta do Goberno galego por un futuro industrial, sustentable e innovador que xere beneficios directos para a comunidade.

Neste sentido, lembrou a recente creación da sociedade Recursos de Galicia, despois dun proceso aberto e participativo no que a Administración e o tecido produtivo galego se alían para facer un aproveitamento sustentable e que os beneficios queden no territorio.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación agradeceu a Norvento e ao seu presidente o seu compromiso con Galicia e a súa capacidade de innovar, liderando con “visión, ética e determinación” no campo das enerxías renovables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2023