Alfonso Villares preside a reunión do patronato do Cetmar que dá luz verde ao seu orzamento de 4,4 millóns de euros para o próximo exercicio

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu hoxe de forma telemática a reunión do patronato do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, que aprobou o plan de actuación desta entidade, unha referencia a nivel europeo no eido da investigación mariña, así como o orzamento desta institución para o exercicio 2024, que ascende a máis de 4,4 millóns de euros.

Durante a reunión, a directora do centro, Paloma Rueda Crespo, deu conta no seu informe de xestión da actividade do centro, embarcado actualmente en 72 accións -40 proxectos e 32 servicios-, executadas con financiación europea, nacional e autonómica. Desde a súa posta en marcha, no ano 2001, o Cetmar traballou en máis de 600 proxectos e servizos por un valor global que supera os 400 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 14/12/2023