Ana Ortiz felicita a Carlos Remeseiro polo seu título nacional de culturismo e o terceiro posto no mundial

Vigo, 14 de decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, felicitou este xoves a Carlos Remeseiro polos seus recentes éxitos deportivos ao lograr un novo título nacional de culturismo e acadar o terceiro posto no mundial NAC Mr. Universo 2023 celebrado en Alemaña. Traballador na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, o deportista xa prepara a próxima competición nacional que se celebrará o vindeiro mes de maio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2023