A Xunta publicará no DOG nas próximas semanas a convocatoria das axudas de 12 m€ para os produtores que traballen con Ternera Gallega

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano con responsables da Asociación Gandeiros Galegos da Suprema. A xuntanza centrouse na liña de axudas de 12 millóns de euros destinada aos produtores que traballen baixo o indicativo de Ternera Gallega. Segundo trasladou o director xeral, a convocatoria destas achegas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas próximas semanas.

Estas achegas están enmarcadas nun contexto definido polos custos de produción e dentro do compromiso do Goberno galego co sector e cos produtos agroalimentarios da máxima calidade, segundo lembrou Balseiros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2023