A Xunta aborda coas principais entidades financeiras a situación do mercado hipotecario en Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse con representantes das entidades que operan na Comunidade galega

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reuniuse hoxe con representantes das principais entidades financeiras que operan en Galicia no marco do seguimento habitual do mercado hipotecario.

 

O obxectivo principal desta reunión foi o de avaliar a situación do mercado hipotecario na comunidade galega e a súa evolución de cara ao vindeiro ano no actual contexto de endurecemento das condicións financeiras derivadas da subida de tipos do Banco Central Europeo.

 

Ademais, no encontro mantido hoxe tamén se puxeron de manifesto as baixas taxas de mora hipotecaria e a escasa demanda da aplicación do Código de Boas Prácticas aprobado a nivel estatal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/12/2023