A Xunta pon a Rede de polos de emprendemento como exemplo para dinamizar o rural na presentación do Impact Hub da Coruña

A Coruña, 12 de decembro de 2023

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha mesa redonda organizada pola presentación de Impact Hub Coruña -nova sede desta rede internacional que axuda a persoas emprendedoras no avance cara unha economía máis xusta e sustentable- na que expuxo algunhas das liñas nas que traballa a Xunta de Galicia para dinamizar o emprendemento, sobre todo no ámbito rural, e para favorecer máis traballo e de maior calidade, sustentable e inclusivo na comunidade.

Ardao avogou polos talentos diversos e pola dinamización económica dos territorios, máis aínda nunha comunidade como a galega, que ten que facer fronte ao envellecemento e á despoboación rural. Unha das grandes apostas está a ser o despregamento da Rede de polos de emprendemento, que conta na actualidade con 13 centros en activo e rolda o milleiro de persoas atendidas. No ano 2024 destinaranse sete millóns de euros a axudas a proxectos de emprendemento postos en marcha por estes recursos e cerca de tres para o mantemento da Rede.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2023