Javier Arias e o alcalde de Paradela abordan as actuacións de competencia da Xunta nese concello

Lugo, 12 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Paradela, José Manuel Mato, para tratar sobre diferentes temas de interese municipal.

A xuntanza, que tivo lugar esta mañá na Delegación Territorial de Lugo, serviu para analizar as principais demandas e necesidades do concello de Paradela naqueles ámbitos que son de competencia da Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2023