Galicia e a Bretaña francesa coinciden en que a pesca estase a xogar o seu futuro e apostan por dar un paso firme en favor da soberanía alimentaria europea

 

Bruxelas (Bélxica), 11 de decembro de 2023.- O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, aproveitou a súa presenza en Bruxelas co gallo da negociación das cotas e os totais admisibles de capturas (TAC) para augas europeas en 2024 para, acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, reunirse este luns coa delegación da Bretaña francesa encabezada por Daniel Cueff, vicepresidente de Mar e Litoral desta importante zona pesqueira gala coa que Galicia comparte a presidencia do Grupo Central Marítimo e de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM).

Neste novo encontró entre os dous responsables marítimo-pesqueiros a coincidencia foi total na necesidade de que Europa aposte pola soberanía alimentaria, así como a demanda de que as políticas comunitarias en materia de pesca garantan a consecución do equilibrio medioambiental, económico e social da actividade. Compartese ademais a idea de que nos estamos a xogar o futuro da pesca, polo que hai que exercer o liderado nesta materia ante a CRPM. Con este fin elaborouse un programa para restablecer a importancia do sector pesqueiro de cara á constitución da nova Eurocámara tralas próximas eleccións europeas, onde Galicia e Bretaña defenden a necesidade de ter a pesca como prioridade absoluta, ao contrario do que aconteceu no último período co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 11/12/2023