A Xunta agradece á fundación Igual Arte de Vigo por poñer a creatividade artística á disposición das persoas con discapacidade

Vigo, 11 de decembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta mañá á presentación da marca de xoias Total, impulsada pola Fundación Igual Arte de Vigo. Durante o evento, agradeceu a esta entidade por poñer á disposición das persoas con discapacidade a paixón pola creatividade artística.

Esta fundación ofrece talleres ocupacionais e atención diúrna a persoas con discapacidade nos que se fomenta a creatividade e a paixón pola arte. Neste sentido, a directora xeral lembrou que para garantir unha vida plena para todas as persoas con discapacidade é necesario impulsar actividades e programas que atendan as súas preferencias e inquietudes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/12/2023