Ángeles Vázquez e o alcalde de Noia analizan vías de colaboración en materia de vivenda
2023-12-09
/documents/35297/43474/231209+AVM+ALCALDE+NOIA.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2023
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde de Noia, Santiago Freire, para analizar vías de colaboración en materia de vivenda.
Durante o encontro, logo de que o rexedor lle trasladara a necesidade de ampliar o parque de vivendas protexidas da localidade, a vicepresidenta segunda explicoulle que, ao ter menos de 20.000 habitantes, podería optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal. Nese caso, as axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada.
Tamén existe a posibilidade de que, no caso de dispor ou adquirir algún inmoble susceptible de destinarse a uso residencial, podería obter financiamento ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio á financiación de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
E, a maiores, tamén podería optar ao programa de construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes.
Departamento:
C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
Data de actualización: 09/12/2023