O delegado territorial da Xunta asiste á presentación do equipo da fundación Breogán que participará na Mini Copa Endesa 2023

Lugo, 04 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na presentación do equipo da Fundación Breogán que vai representar á provincia de Lugo na Mini Copa Endesa 2023, da que forman parte todos os equipos de categoría infantil dos clubs que compiten na Liga ACB. Ata 16 equipos infantís pugnarán en Tarragona do 6 ao 8 de decembro por unirse ao Barça e Real Madrid na Fase Final que se disputará durante a Copa do Rei, prevista para o mes de febreiro en Granada.

Arias sinalou “a importancia de inculcar o deporte desde as etapas infantís, máis cando temos un equipo de referencia que leva o nome de Lugo por todo o territorio español e agora tamén por Europa. Dende a Xunta tamén apoiamos a actividade física en idades temperás, por iso poñemos en marcha para o vindeiro 2024 un Bono Deportivo de ata 120 euros para adquirir material deportivo e axudar ás familias nos gastos que supón a práctica deportiva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/12/2023