A Xunta pon en valor a colaboración coa Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico para a atención de mulleres en situación de vulnerabilidade

Cangas do Morrazo (Pontevedra), 4 de decembro de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe en Cangas a Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam), coa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén colaborando para o desenvolvemento de actuacións de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade.

Este ano, esa colaboración supón que a asociación aplique a transversalidade de xénero a todas as súas accións, a habilitación de ferramentas para identificar situacións de violencia contra as mulleres, a sensibilización da poboación neste senso e a información dos recursos para mulleres vulnerables e para mulleres que sofren violencia de xénero. Así mesmo, Adicam organiza actividades para promover a saúde mental e a autoestima, traballa para fomentar a inclusión sociolaboral e ofrece apoio psicosocial ás mulleres en situación de vulnerabilidade como unidade primaria de intervención.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2023