Minuto de silencio na Xunta e no Parlamento de Galicia en sinal de repulsa polo crime machista de Oroso

Santiago de Compostela, 04 de decembro de 2023

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e outros membros do Executivo, participou nun minuto de silencio convocado na entrada principal do edificio de Presidencia, en San Caetano, en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Oroso (A Coruña). Este mesmo xesto de repulsa tivo lugar en todas as Delegacións Territoriais da Xunta.

Previamente, no Parlamento de Galicia, o titular do Goberno galego estivo presente na apertura da sesión plenaria, na que tamén se gardou un minuto de silencio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2023