A Xunta participa na XIII edición da entrega de Premios Carro de Prata da ASCM Ferrol

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, participaron na gala celebrada na sede de Afundación

Ferrol, 2 de decembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron hoxe á Gala de entrega da XIII edición dos Premios Carro de Prata, que concede a entidade ASCM Ferrol. O evento celebrouse na sede de Afundación.

Con estes galardóns, a asociación recoñece ás entidades e persoas que se distinguen polas súas accións en favor das persoas con discapacidade da comarca de Ferrol en distintos ámbitos: accesibilidade, ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral ou investigación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2023