A conselleira de Política Social e Xuventude asistiu en Zúrich ao tradicional festexo de San Nicolás que organiza a Asociación ‘As Xeitosiñas’

Fabiola García traslada o cariño e o agradecemento da Xunta aos galegos que viven en Suíza

Salientou que os galegos no exterior son os mellores embaixadores que pode ter Galicia

Zúrich (Suíza), 2 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, trasladou hoxe unha mensaxe de cariño e agradecemento a todos os galegos do exterior sobre os que dixo que son os mellores embaixadores que pode ter Galicia. Fíxoo na celebración da Gran Festa de Nadal San Nicolás que organiza a Asociación ‘As Xeitosiñas’ e na que se reúne a comunidade galega que vive en Zúrich.

Fabiola García agradeceu a invitación da Asociación ‘As Xeitosiñas’ a participar neste festexo. Durante a xornada, a conselleira tivo a oportunidade de visitar a sede desta entidade fundada nos anos 80 do século pasado para fomentar e manter os vínculos con Galicia e difundir a súa lingua e cultura. Entre outras actividade, conta con grupo de baile e banda de gaitas.

No festexo de San Nicolás tamén participou o cónsul de España en Suiza, Francisco José Rabena Barrachina, e no transcurso do mesmo déuselle o máximo galardón que concede ‘As Xeitosiñas’ ao pai Pedro como despedida, xa que regresa a España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2023