A Xunta pon en valor en Culturgal a relevancia do sector cultural no cooperativismo galego
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, vén de apoiar as cooperativas do eido cultural presentes en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que clausura hoxe a súa 16ª edición.
En concreto, o secretario xeral visitou os postos das distintas entidades que acudiron ao evento, así como o posto colectivo do Consello da Economía Social de Galicia. Posteriormente, mantivo un encontro coas empresas da economía social do sector cultural presentes, e con representantes da Unión de Cooperativas Galegas (EspazoCoop), co gallo de intercambiar propostas e impresións. Nese senso, cómpre sinalar que a de cultura é a máis numerosa das sectoriais de EspazoCoop, mostra da relevancia do sector cultural no cooperativismo de traballo asociado.