O conselleiro de Cultura felicita á Academia Xacobea polo seu labor de difusión e investigación do Camiño, fundamental para planificar o seu futuro

Ribadeo (Lugo), 3 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, felicitou hoxe á Academia Xacobea polo seu labor de difusión do valores do Camiño de Santiago, “un traballo de investigación, divulgación e indagación rigorosa nas raíces deste fenómeno ao longo da historia que é fundamental para planificar o seu futuro”, destacou.

No transcurso da clausura das 18ª Xornadas Mar por medio, organizadas por esta entidade en Ribadeo para afondar nos diferentes ámbitos da Ruta Xacobea, o conselleiro sinalou que os Camiños de Santiago son un punto de convivencia e de fraternidade. “Ese é o espírito co que debemos enfrontar a celebración en 2027 do Ano Santo, implicando a toda a sociedade civil e a institucións como a Academia Xacobea, referente no estudo do Camiño, e dos concellos polos que atravesa cada un dos itinerarios”, salientou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/12/2023