A Xunta incrementará ata un 1 M€ o orzamento da Rede galega de teatros e auditorios en 2024

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presidiu hoxe na reunión da Asemblea da Rede Galega de Teatros e Auditorios, onde anunciou que a Xunta de Galicia investirá un millón de euros na programación que se desenvolverá en 2024 ao abeiro deste circuíto de espectáculos cofinanciado entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e unhas 40 entidades locais. Esta contía supón un incremento de máis dun 10% respecto a 2023, ano durante o que se ofrecerán preto de 500 actuacións de artes escénicas e musicais a cargo, na súa meirande parte, de compañías e grupos profesionais galegos.

Á xuntanza, celebrada na Cidade da Cultura de Galicia, asistiron unha vintena de representantes de diferentes espazos públicos asociados a esta rede autonómica. Ademais da previsión orzamentaria por parte da Xunta, abordáronse outros temas relativos ao funcionamento interno do circuíto, como a execución dos convenios cos concellos asociados ou os prazos de programación cara ao primeiro semestre de 2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2023