Alfredo Aguilar presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu libro "Peregrinos-encontros no Camiño de Santiago”

Madrid, 29 de Novembro de 2023

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación do libro "Peregrinos-Encontros no Camiño de Santiago", de Alfredo Aguilar, e durante a presentación do mesmo debullou as súas impresións e vivencias ao longo dos seus anos como peregrino nas distintas ocasións que realizou o Camiño de Santiago.

Publicada en Círculo Rojo, Grupo Editorial, Aguilar relatou a unha sala abarrotada, como nas súas diversas experiencias, atopouse con peregrinos, hospitaleiros e xente que vive en torno ao Camiño de Santiago e que deixaron nel unha pegada que definiu como "indeleble".

O autor do libro fixo fincapé durante a súa intervención sobre as distintas motivacións dos peregrinos para vivir unha experiencia tan singular como é facer o Camiño de Santiago, e que en nada se parece a outras rutas de sendeirismo de media ou longa distancia. “Con todo, todos teñen os mesmos obxectivos: camiñar, convivir con outros peregrinos e hospitaleiros e chegar a Santiago, cada un á súa maneira”, dixo Aguilar, que resaltou que o aspecto persoal non aparece nas guías nin na maioría dos libros dedicados ao Camiño de Santiago.                                                                          

O autor estivo acompañado na mesa por Inmaculada Rico que dixo que se trata dunha obra que destaca pola súa orixinalidade, xa que aborda o lado máis humano do Camiño de Santiago.

Aguilar Romanillos (Madrid, 1950) compaxinou a súa vocación entre a ciencia, o sendeirismo e a montaña. Doutor en bioquímica e profesor titular de universidade, pasou varios anos investigando en distintos centros de España e do estranxeiro.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2023