O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na apertura da mesa de traballo Monterrei, para a elaboración da futura estratexia de Turismo de Galicia
2023-11-29
/documents/35297/43465/291123+Mesa+de+traballo+Monterrei+Nova+estratexia+Turismo+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 29 de novembro de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no Parador Nacional na apertura da mesa de traballo ‘Monterrei‘ para a elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia para o horizonte 2024-2030.
Nesta mesa de traballo, na que participan distintos axentes públicos e privados do sector, expóñense as necesidades e retos para os vindeiros anos. Tamén se recolleu información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.
Data de actualización: 29/11/2023