Arias destaca que a Xunta fomenta a actividade física en colaboración cos clubs e entidades deportivas lucenses

Lugo, 27 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou hoxe durante unha visita ás instalacións do club de judo Lvcvs Dojo (Lugo) que o Goberno galego fomenta a actividade física en colaboración coas entidades deportivas da provincia, ás que apoia mediante diferentes programas de axudas. En especial, destacou as accións orientadas a promover o deporte entre as xeracións máis novas.

Así, apuntou que Lvcvs Dojo foi un dos beneficiarios das axudas aprobadas este ano pola Administración autonómica para realizar actividades deportivas. Tamén da liña para actividade federada, pola que a Xunta facilita un seguro deportivo para os deportistas federados de 6 a 16 anos con independencia da modalidade que practiquen, como medida de impulso ao deporte base.

O Goberno galego tamén colaborou na adquisición de material como un tatami, sistemas de protección non electrónicos ou un desfibrilador para este club con cargo á última convocatoria de axudas a entidades para renovar equipamentos. No conxunto da provincia de Lugo, houbo 94 entidades beneficiarias que sumaron apoios por máis de 516.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/11/2023