A Xunta aposta por reforzar no interior da comunidade autónoma a promoción dos produtos do mar e leva a Leiro a campaña Galicia sabe AMAR

Leiro (Ourense), 26 de novembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse onte á foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que visitou a vila ourensá de Leiro, e alí destacou a firme aposta da Xunta de Galicia por promover dos produtos pesqueiros especialmente nos municipios do interior de Galicia, onde tamén se pode e se debe desfrutar da excepcional calidade excepcional do peixe e do marisco das rías galegas.

Para o titular de Mar estes alimentos deben formar parte dunha dieta saudable e equilibrada que contribuirá a elevar a calidade de vida dos seus consumidores, polo que desde as administracións públicas deben constituír unha clara aposta. Non quixo desaproveitar a ocasión para recordarlle ao Goberno do Estado que a rebaixa do IVE sería determinante para aumentar o consumo destes produtos. En canto á campaña de GALICIA SABE AMAR cada vez aproxímase máis ao cómputo dos catrocentos municipiso de toda Galicia e do resto de España visitados, con máis de 350.000 persoas que xa desfrutaron dos diferentes petiscos con sabor mariño que se ofrecen.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 26/11/2023