A Xunta pon en valor o traballo das cooperativas a prol do sector primario na cea anual do Rodo, en Rodeiro

Rodeiro (Pontevedra), 25 de novembro de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou este venres pola noite na cea anual da Cooperativa O Rodo, radicada no concello pontevedrés de Rodeiro, na que todos os cooperativistas se xuntaron para poñer en valor o seu traballo.

A adaptación ás novas tecnoloxías e a falta de relevo xeracional son os grandes retos aos que se enfronta o sector primario e a Xunta está a traballar para superalos. Nos orzamentos do 2024 destinaranse máis de 83 millóns de euros para accións que permitirán afondar na competitividade e a remuda xeracional. No agro, en concreto, destacan as axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que contarán cun novo investimento de 32,6 millóns -2 millóns máis que en 2023-, ou os 16 millóns para favorecer a incorporación de mozos á actividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2023