O Programa Meteoescolas da Xunta formará este curso a máis de 7.300 alumnos no eido da meteoroloxía

O persoal de MeteoGalicia ofreceu unha charla informativa a docentes dos máis de 40 centros participantes e entregou distinto material didáctico, como pluviómetros ou termómetros, para a realización dos traballos

Esta iniciativa forma parte do Plan Proxecta+, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, dirixido a fomentar a innovación educativa e o traballo cooperativo nos centros
 

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2023

A Xunta acaba de poñer en marcha unha nova edición do programa educativo MeteoEscolas coa participación de 42 centros educativos galegos e 480 profesoras e profesores. En canto ao alumnado, este curso 2023-2024 adquirirán coñecementos relacionados coa meteoroloxía no marco deste plan máis de 7.300 estudantes, unha cifra un 20% superior á media rexistrada desde a creación desta iniciativa formativa no curso 2012-2013.

O persoal de MeteoGalicia ofreceu recentemente unha charla informativa para o profesorado co fin de trasladar, ademais dos obxectivos xerais do programa, a metodoloxía de traballo, que consiste na observación meteorolóxica e a inserción de datos en plataformas meteorolóxicas. Estas tarefas, a base do proxecto, acompañadas por outras iniciativas que propoñen os centros relacionadas coa materia, poden abarcar distintas áreas de coñecemento e os datos recollidos poden ser utilizados polos investigadores galegos para mellorar o coñecemento do clima da comunidade.

Na edición 2023-2024 participan un total de 480 profesores e 7.302 alumnos de 42 centros de ensino -22 da provincia de Pontevedra, 9 da provincia da Coruña, 6 da de Lugo e 5 da de Ourense-. Do total, 17 centros súmanse por primeira vez a esta iniciativa educativa, polo que nesta xornada tamén se lles fixo entrega do equipamento para medir variables meteorolóxicas, como un pluviómetro e un termómetro por centro.

MeteoEscolas é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Nos últimos anos a participación de alumnado, docentes e centros neste programa, do que van xa 12 edicións, foi a máis polo maior interese da comunidade educativa.

Na táboa indícanse os centros de ensino que participan por primeira vez (en azul) e os que repiten un ano máis.

 

 CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA METEOESCOLAS

Provincia
Nome do centro
Concello
1
A Coruña
IES Francisco Aguiar
Betanzos
2
CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría
Dumbría
3
CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde
Rois
4
CPI Plurilingüe O Cruce
Cerceda
5
CEIP de Barouta
Ames
6
IES Monelos
A Coruña
7
IES Ramón Caamaño
Muxía
8
CEIP Flavia
Padrón
9
CEE María Mariño
A Coruña
10
Lugo
IES Poeta Díaz Castro
Guitiriz
11
IES Río Cabe
Monforte de Lemos
12
CEE Infanta Elena
Monforte de Lemos
13
CEIP Plurilingüe San Miguel
Paradela
14
IES Pedregal de Irimia
Meira
15
IES do Camiño
Palas de Rei
16
Ourense
IES Nº1
O Carballiño
17
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Ourense
18
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
Celanova
19
CEIP Rogelio García Yáñez
Ramirás
20
CPR Plurilingüe Divina Pastora
O Barco de Valdeorras
21
 
 
 
 
 
Pontevedra
CPR Plurilingüe Andersen Augalonga
Vigo
22
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Lalín
23
CEIP Plurilingüe A Pedra
Bueu
24
CEE de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
25
CEIP Eduardo Pondal
Vigo
26
IES de Poio
Poio
27
IES Gonzalo Torrente Ballester
Pontevedra
28
CEIP A Xunqueira Nº1
Pontevedra
29
CPI de Cova Terreña
Baiona
30
CEE Saladino Cortizo
Vigo
31
IES Plurilingüe Pedra da Auga
Ponteareas
32
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Silleda
33
CPR Plurilingüe Barreiro
Vigo
34
CPR Plurilingüe Montesol
Vigo
35
CPR Plurilingüe Eduardo Pondal
Cangas
36
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
Valga
37
CEIP Illas Cíes
Vigo
38
IES Francisco Asorey
Cambados
39
CEIP San Tomé
Cambados
40
IES Carlos Casares
Vigo
41
IES de Chapela
Redondela
42
CPI Aurelio Marcelino Rey García
Cuntis
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2023