A Xunta participa na entrega de trofeos das ligas de fútbol sala e baloncesto de Special Olympics Galicia

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2023
 
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu hoxe á entrega de trofeos da liga de fútbol sala e baloncesto de Special Olympics Galicia. Durante o acto, felicitou aos participantes pola súa valentía e afán de superación continua, así mesmo, fíxoselle entrega da medalla Special Olympics Galicia ao arzobispo emérito de Santiago, ao Excelentísimo e Reverendísimo Sr. Julián Barrio Barrio.

Begoña Abeijón destacou que o Executivo autonómico traballa cada día, da man das entidades, para seguir avanzando nunha Galicia máis inclusiva e solidaria en todos os ámbitos, tamén no deportivo. Así mesmo, sinalou que os orzamentos para o vindeiro ano destinan máis de 170 millóns de euros a atención á discapacidade, a cifra máis elevada da súa historia, o que demostra o compromiso do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2023