Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,03 días, 20,4 días por debaixo da media autonómica, que foi de 31,49 días

Santiago de Compostela, 22 novembro de 2023

Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 11 días, 20,4 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 31,49. Ademais, tamén se situou 19 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do mes de setembro no 0,19%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,37%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.372 millóns de euros, dos que 145 millóns – o 2,6%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Setembro de 2023 (CCAA réxime foral)

Extremadura
10,77
 
Comunidad Valenciana
31,69
Galicia
11,03
La Rioja
31,81
Cantabria
18,64
Cataluña
33,77
Pais Vasco
23,50
Baleares
34,99
Andalucía
27,26
Castilla-La Mancha
35,44
Navarra
28,68
Madrid
37,41
Castilla y León
29,55
Aragón
37,67
Canarias
30,13
Asturias
39,67
TOTAL CC.AA
31,49
Murcia
43,63
Data de actualización: 22/11/2023