A Xunta colabora co Concello de Ortigueira cunha axuda de case 163.000 euros para a adquisición dun vehículo multiservizos entre outros investimentos

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou a nova adquisición para a prestación de servizos municipais

Esta axuda subvenciona ademais os gastos salariais para a contratación dunha brigada municipal de vixiantes ambientais
 

Ortigueira (A Coruña), 22 de novembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitou esta mañá o municipio con motivo da axuda concedida do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), na liña de concorrencia non competitiva.

A entidade local, que foi beneficiaria dunha axuda de preto de 163.000 €, adquiriu un vehículo multiservizos para a retirada de refugallos, biorresiduos e residuos voluminosos. Este vehículo tamén será empregado en tarefas de mantemento, conservación de espazos naturais e para o control de emerxencias ambientais.

Adicionalmente a esta adquisición, a subvención sufraga tamén os gastos salariais para a contratación dunha brigada municipal de vixiantes ambientais.

A delegada territorial lembrou que o FCA é un programa a favor das melloras ambientais no eido local que suma este ano un investimento superior aos 8,2 M€ para apoiar accións en máis de 200 concellos, distribuíndo o canon eólico en beneficio da conservación e restauración do entorno, así como do equilibrio territorial.

Aneiros destacou a aposta do Goberno galego por mellorar a calidade de vida dos veciños a través da colaboración coa convocatorias de axudas específicas para os concellos, como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental ou o Fondo de Cooperación Local que ao longo de 2023 permitiron a distribución de máis de 27,2 M€ para a execución de máis de 600 proxectos municipais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2023