O delegado territorial da xunta participa na presentación da 6ª edición de ‘Sportur Galicia’, o Salón do Deporte e Turismo Activo, e o ‘IV Congreso internacional de turismo e deporte’

Ourense, 22 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da sexta edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo, e o IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte que se desenvolverán en Expourense os días 30 de novembro e 1 de decembro.

Ámbalas dúas citas, complementarias, promocionarán a Galicia como un destino atractivo e competitivo para o turismo deportivo e convocarán a profesionais de toda a Península, nas que se analizará o impacto no turismo da organización de grandes eventos deportivos, actividades que contribúen á desestacionalización e á achega visitantes de proximidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2023