Lorenzana e o alcalde de Beariz avalían novas medidas conxuntas para a dinamización económica do municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión co rexedor, Manuel Prado, na que o informou sobre as principais liñas de actuación para o vindeiro ano

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde de Beariz, Manuel Prado, co obxectivo de avaliar novas medidas conxuntas para a dinamización económica e empresarial deste municipio ourensán.

No encontro, no que o alcalde puxo de manifesto o seu interese por mellorar a competitividade das infraestruturas industriais do municipio, María Jesús Lorenzana informouno sobre as principais liñas de actuación para o vindeiro ano, en eidos como a simplificación administrativa, o financiamento empresarial, a internacionalización, a enerxía e a innovación.

A responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego lembrou o compromiso da Xunta con converter Galicia nun referente na captación de investimentos e de proxectos empresariais, e neste sentido salientou que se vai activar a Oficina Económica de Galicia, , unha canle única encamiñada a reducir a burocracia e que será punto de contacto de información e entrada para as iniciativas empresariais e proxectos industriais. Tamén adiantou a posta en marcha dunha nova estratexia de política industrial, cun plan de aceleración de proxectos e a elaboración de plans directores por sectores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/11/2023