A Xunta autoriza a actividade de transporte marítimo de pasaxeiros no porto de Carril, en Vilagarcía

Santiago, 21 de novembro de 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de incorporar o porto de Carril, no municipio pontevedrés de Vilagarcía, ao inventario das instalacións portuarias desde as que está permitida a prestación, previa tramitación administrativa correspondente, do servizo de transporte marítimo de pasaxeiros.

O formulario activo para a solicitude de prestación do servizo estará dispoñible nas vindeiras horas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do impreso IF504B. A tramitación desta solicitude poderá facerse en liña cumprindo os requisitos que se recollen no formulario.

O porto de Carril, de titularidade da Xunta de Galicia, é o punto de saída máis próximo para o traslado de pasaxeiros desde terra ata a illa de Cortegada, enclave turístico de especial relevancia incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 21/11/2023