O delegado territorial visita as obras de mellora da accesibilidade na praza e beirarrúas da contorna do Centro de Envellecemento Activo e da Casa do Maior

Gabriel Alén destaca 0s 845.000€ que a Xunta destina a 21 concellos da provincia para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras nas súas edificacións

O delegado territorial subliñou que esta nova liña de subvencións, que conta cun orzamento global de máis de 2 millóns de euros, beneficiou a 50 concellos de toda Galicia

Esta orde de achegas está dirixida a concellos e a mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes

A obras de mellora de accesibilidade na praza e beirarrúas da contorna do Centro de Envellecemento Activo e da Casa do Maior da Arnoia recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Xuventude de 48.000 euros
 

Ourense, 21 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou que 21 municipios da provincia de Ourense foron beneficiarios das axudas do Goberno galego a concellos para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras nas súas edificacións, instalacións, equipamentos ou espazos públicos, que suman un total de máis de 845.000 euros.

Así o fixo esta mañá na súa visita ao concello da Arnoia para supervisar, da man do seu alcalde, Rodrigo Aparicio, o comezo das obras de mellora de accesibilidade na praza e beirarrúas da contorna do Centro de Envellecemento Activo e da Casa do Maior; actuación que recibiu unha achega de máis de 48.000 euros da Consellería de Política Social e Xuventude.

O delegado territorial destacou que esta nova liña de subvencións, que conta cun orzamento global de máis de 2 millóns de euros, beneficiou a 50 concellos de toda Galicia; e explicou que esta orde de achegas está dirixida a concellos e a mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes.

Subvencionase un único proxecto por entidade local e o importe da axuda poderá ser de ata o 80% do seu custo, cun límite máximo de 48.400 euros. Con estes fondos financiaranse actuacións que os concellos executen desde o 1 de xaneiro ao 5 de decembro deste ano 2023.

O 100% desta orde de axudas son con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationUE.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/11/2023