Rivo mantén un encontro coa colectividade galega residente en Montevideo

Montevideo (O Uruguai), 18 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, vén de manter un encontro coa colectividade galega residente en Montevideo, co obxectivo de mostrarlle a súa vontade de seguir estreitando lazos de cara a consolidar o crecemento cultural e económico da nosa Comunidade.

No Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo, a conselleira gabou a entrega de todas as persoas que buscaron oportunidades fóra da súa terra, desempeñando un papel fundamental na construción da Galicia actual grazas á súa dedicación e compromiso. Unhas cualidades que considerou claves para seguir avanzando no desenvolvemento e progreso. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/11/2023