O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na xornada do programa “Xuntos contra a violencia de xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia”
2023-11-17
/documents/35297/43459/171123+Xornada+contra+a+violencia+de+xenero+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 17 de novembro de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou este serán na xornada do programa ‘Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia’, que conta co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade a través dun convenio de colaboración coa CoGaVe - Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’.
O delegado territorial salientou que as vítimas da violencia de xénero contan en Galicia con todos os apoios e medidas de protección. A Xunta traballa para que dispoñan de asistencia xurídica, acompañamento psicolóxico e social, acollemento e apoios económicos.
Data de actualización: 17/11/2023