A Xunta súmase á homenaxe ao equipo da serie Rapa con motivo do fin da rodaxe da terceira tempada

Ferrol, 17 de novembro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou na recepción organizada polo Concello de Ferrol con motivo da fin da rodaxe da terceira tempada de Rapa, a serie de Portocabo e Movistar+. O proxecto contou unha vez máis co apoio da Xunta a través do Hub Audiovisual e da Industria Cultural Galega, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE.

Pepe Coira e Fran Araújo son os creadores desta proposta televisiva, que dirixe Jorge Coira. En canto á interpretación, Javier Cámara e Mónica García encabezan o elenco que, nesta terceira tempada, conta tamén con nomes como Darío Loureiro, Adrián Ríos, Cristina Castaño, Mercedes Sampietro, Sheyla Fariña, Xosé Manuel Esperante, Eva Barreiro, Miguel de Lira, Diego Anido e Aida Oset, entre outros. Os novos episodios teñen como escenario a cidade de Ferrol e outros municipios da comarca ferrolá como Narón, Valdoviño, Pontedeume, As Somozas, Cedeira, Fene, As Pontes e San Sadurniño, xunto con outros municipios como Abegondo e Sada, na provincia da Coruña e Xove, en Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/11/2023