A Xunta participa no encontro de familias Fademga Plena Inclusión Galicia
2023-11-18
/documents/35297/43459/familiaFademga.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2023
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe nunha nova edición do Encontro de Familias organizado por Fademga Plena Inclusión Galicia. Jacobo Rey destacou a importancia que teñen este tipo de eventos, que serven de espazo de encontro para compartir experiencias e dar máis visibilidade ás necesidades que teñen as persoas con discapacidade.
Baixo a lenda ‘A miña participación importa’, abordáronse temas como o ocio inclusivo, a participación ou as distintas maneiras de vivir. Tamén analizáronse as implicacións da nova Lei 8/2021 sobre a capacidade xurídica das persoas con discapacidade.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 18/11/2023